''Si volviese a empezar, de profesión iba a escoger 'gilipollas'. todos triunfan''

O xornalista Fernando Ónega continúa coa promoción do seu libro 'Puedo prometer y prometo', xa na novena edición

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O que máis me gusta é ter este traballo que teño. O que menos, ver que hai tanto paro na profesión. Ademais, eu estou facendo tantas cousas que empezo a pensar se podo estarlle quitando o emprego a alguén...

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Dedicaríame a unha profesión eterna: ‘gilipollas’, ¡todos triunfan! Pola rúa non fago máis que escoitar: «¿Ves que coche ten ese ‘gilipollas’?, ¿ves que muller ten ese ‘gilipollas’…?».

3. O soño que máis se repite é...

Se estou durmindo, trátase dun pesadelo: que empezo un telediario sen guión nin saber nada de que vai. E cando estou esperto soño que arreglei a casa de Mosteiro.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

¡Os anos!

5. ¿A quen admira?

Deus non está mal, pero o demo ten o seu mérito...

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Do mal que o fixen, hai anos, cunha moza de Lugo que se me escapou.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

Si.

8. ¿Atrévese a dicir a quen?

Pois non.

9. ¿Que cita subscribiría?

A da célebre pensadora Yola Berrocal: «Acabaremos nadando en la ambulancia».

10. ¿Que coche ten?

Un Volvo, ao que eu chámolle ‘volviño’.

11. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

O matrimonio.

12. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

A biblioteca.

13. Unha toleada que fixera por amor.

Casarme, ¡e fíxeno ata dúas veces!

14. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

Que se metera monxa.

15. ¿Teñen algún pacto?

O mesmo que teño co dentista: «Non nos imos facer dano, ¿verdade?».

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Nada. O meu, para a idade que ten, creo que tampouco está mal.

17. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

Nigún.

18. Non sae da casa sen...

Zapatos.

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

A preguiza.

20. Algo que nunca falte na súa neveira.

Unha empanada de Mosteiro. O resto de cousas xa as pon a miña dona.

21. Pérdeo un bo...

Polbo. Á feira tampouco está mal...

22. Unha prenda que deteste.

Se quen a leva é un home, o tanga.

23. As súas mellores vacacións foron...

Sempre as vindeiras.

24. A súa viaxe soñada sería a...

O Camiño de Santiago.

25. ¿A paisaxe que máis o impresionou?

O corpo desnudo dunha muller.

26. ¿E a súa materia pendente?

Ser bispo de Mondoñedo.

«A MAIORÍA DE POLÍTICOS SON HONESTOS»

1. ¿Cre que o expresidente Adolfo Suárez será un dos poucos políticos deste país que se recorde como honesto?

Hai moitos honestos, a maioría. O que non hai son moitos que fagan o que deben: ter unha idea de nación, ser xenerosos co adversario, explicar ao pobo o que fan, sacrificar os seus intereses e saber irse cando se teñen que ir. Iso fíxoo Suárez e ninguén repetiu.

2. Con tantos libros sobre el, ¿que lle descobre no seu ao lector que non soubese xa?

Parece que bastante, porque o libro vai a tres edicións por mes. Revela a intimidade daquel milagre chamado transición e faille xustiza a un home que foi moi martirizado.

3. De analista a políticos, permítase darlles algún consello.

Un: ningún de vostedes ten a verdade absoluta, fagan o favor de escoitar as razón dos demais. E dous: non gobernan ou fan oposición para medrar vostedes, están aí para resolver os problemas da xente.

4. ¿España segue a ser un país ou está desestruturada?

Desestruturada aínda non, pero leva ese camiño, nos eidos territorial, económico e social.

Comentarios