''Se vai nutrirse do servizo de complemento, a milicia periclita''

CUANDO HICE el S.S. (Servicio Social) sabía la letanía, pero en latín. Hice un examen y como no la puse como me pedían, me suspendieron. Te exigían el SS para optar a oposiciones. Era uno de los requisitos que pedían. Los hombres hacían la mili y nosotras la hacíamos de otra manera. Tuvimos que aprendernos la historia de Primo de Rivera y cosas que tampoco venían a cuento.

Mª Paz Diéguez Seco / Lugo

Con Fole fixen o servizo como voluntarios de complemento. Nun ano, de soldados, tiñamos que ascender a cabos e sarxentos. Ánxel díxome: «Se a mili vai nutrirse dos individuos de servizo de complemento, a milicia periclita».

Narciso Peinado / Lugo

Non digo onde permanecín agochado os primeiros días do Movimento porque é un segredo de Estado. Eu xa lle estaba escarmentado pois o ano 34, cando a revolta de Asturias, algúns, que sabían onde me refuxíara, delatáronme. Nin eu mesmo vou saber onde estou- decidín atinadamente o 36- e salveime.

Jacinto Calvo / Lugo

No cuartel ocurren as cousas máis raras. Sendo eu recruta tiñan necesidade dun cabo e nomeáronme a min sen máis. Voulles contar e despois xuzguen vostedes: «Xa saben que o día anterior a facer garda toca imaxinaria». Eu pregunteille ao meu superior que quería dicir servizo de imaxinaria e contestou: «Que el día anterior tiene que imaginarse la guardia del día siguiente». Pásmense vostedes. O oficial non sabía que o exército romano tiña uns milites chamados servizo de imaxinaria, que eran os encargados de alimentar as luces de aceite para alumear as imaxes que presidían as centurias e as lexións.

Ánxel Fole / Lugo

Para os homes, a grande aventura era o servizo militar. Era unha oportunidade de saír da aldea sen pasar pola Habana ou Montevideo. Logo, os anos de servizo daban para moitas falas arredor da lareira. A min gustábame moito o que contaba o meu tío Severino de cando fixo o servizo en Pamplona e foi asistente dun capitán. Eu maxinaba Pamplona coma un mundo inmenso e cheo de luz. O servizo daba para conversas durante anos.

Basilio Losada / Penaboa / Láncara

Recuerdo estar tres meses internada en Lugo en una institución de la Falange, íbamos de azul, arriábamos bandera por la mañana e íbamos a misa en fila. Después nos enseñaron a coser, a hacer canastillas para recienes, a cocinar… era la reválida del hogar de la mujer. Y allí también cantábamos el ‘Cara al sol’.

Nieves Fernández Rodríguez / Lugo

Ao chegar a guerra chamaron a miña quinta, que é a do corenta, e tiven que incorporarme ao exército. Fun ao «frente»: estiven primeiro en Aravaca, despois na Ciudad Universitaria e estando alí, cando se tomou Barcelona, fun á Academia de Alféreces Provisionais de Granada. Alí nomeáronme alférez provisional e estiven nas illas Baleares no 1939, e no mes de novembro dese ano déronme un permiso para me afincar e voltei a Caldas, onde me destinaron á caixa de reclutas de Lugo. Daquela houbo unha convocatoria para cubrir prazas de Maxisterio. Anoteime e destináronme no ano 40 para facer as prácticas en Gijón e alí comecei a carreira de Dereito.

Fariña Jamardo / Lugo

Cando fun facer a mili no 1956, eu nunca montara en tren. En coches de liña si, pero no tren, nunca. Saímos ás doce de Lugo e chegamos ás oito do día seguinte a Madrid. Déronnos unha manta e un rancho frío. Licencieime en outubro de 1957, logo de dezanove meses, porque Aviación botaba máis tempo que Terra. Estiven en Transmisións e non foi duro. Alí estaban todos a estudar. Agora van deitados nunha cama, pero antes era como quen ía nun carro de vacas.

José Vilela Díaz / Lugo

A verdade é que tiven moi mala sorte, porque librei por excedente de cupo e aos poucos meses despois comezou a Guerra Civil e fun recrutado forzoso. Foi terrible. Tanto caía por enriba da miña cabeza que non sei se eran proxectís de canóns ou obuses. Dá igual, o que realmente importa é que a metralla metéuseme no brazo e caín ferido. A verdade é que durante a guerra non pasei moita fame. Só cando había unha batalla podiamos pasar dous ou tres día sen levar nada a boca. O certo é que nunca perdín nin o apetito, nin o sono, nin o bo humor.

Jesús Pérez Villar / Palas de Rei

Antes de entrar tenía más claro todavía que quería llegar a formar parte de la Guardia Real. Mi admiración por la Corona me ha acompañado desde niña y, por ello, desempeñar este trabajo es el mayor honor. El hecho de que mi marido sea Guardia Civil facilita mucho las cosas para comprender mi profesión y la disciplina y discreción que me exigen. Por ejemplo, entiende que haya muchas cosas de mi trabajo de las que no puedo hablar, que no puedo compartir, y también que me tenga que marchar varias semanas de maniobras. Creo que un civil no lo llevaría tan bien.

María Núñez Caloto / Cedrón / Láncara

En aquel entonces el hijo de Carrero Blanco estaba de guardiamarina en el Juan Sebastián Elcano. Eran tiempos en los que Carrero Blanco pesaba muchísimo, y su hijo no escapaba de esa influencia de su padre. Bueno, pues este hombre un día estaba en la cubierta del barco, me mandó formar, le dije que era el cartero y que no tenía obligación de formar. Entonces me dijo: «O formas ahí, o te pego una patada... en tus partes». Formé y cuando terminaron las maniobras, el comandante se extrañó de que no le hubiese llevado el correo. Y yo le dije lo que había pasado: «Es que el guardiamarina Carrero Blanco me ordenó formar». El comandante llamó a Carrero y en mi presencia le reprendió diciéndole que era la última vez que le ordenaba formar al cartero de a bordo. Desde entonces le tengo un gran respeto. Llegó a ser comandante general de la Marina.

José Guerrero / Lugo

Llevaba dos años en África, destacado en el monte para defender la frontera con Marruecos. Ese día me dieron el rancho habitual, un cazo de garbanzos con nabos. Me tocaron 27 garbanzos, los conté, y decidí que era mejor morir de un tiro que de hambre, por lo que fui a la División Azul. Estaba tras el fusil ametrallador, en primera línea. Éramos voluntarios, ¿a quiénes iban a mandar de primeros? Nos daban la orden de avanzar y lo hacíamos como podíamos, por encima de muertos y heridos, el objetivo era que no te mataran. A veces íbamos con los machetes en el cañón del fusil. Matar al primero costaba, pero después ya clavabas como en un saco de lana.

Gerardo Dorado / Penas / Baleira

Meu irmán Gonzalo chegou a Lugo con permiso para restablecerse, pero en moi mal estado de saúde. Miña nai ao ver que estaba tan enfermo levouno a un médico que lle diagnosticou pleuresía, pero na revisión do hospital militar consideraron que estaba apto para volver á fronte de guerra. Miña nai mobilizouse inmediatamente e foi a falar con Madanelo, o pai da miña amiga Mariluchi, que era amigo dos xefes militares da praza, e conseguiu que Gonzalo quedase destinado na comisaría de guerra de Lugo. Pouco despois recibiuse unha orde de incorporación á fronte de gran parte dos soldados que desempeñaban os seus servizos nesta comisaría. Botaron a sortes os que ían e os que se quedaban. A Gonzalo favoreceuno a sorte, pero permutoulle o destino a un compañeiro que tiña un fillo recén nacido. Así que marchou de novo á fronte e xa non o volvín ver porque a consecuencia da pleuresía morreu no hospital de Jaca cando nós xa estabamos en Marrocos.

Luz Pozo Garza / Lugo

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22.00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios