Se se decide roubar, mellor ao grande

Roubar é un delito só para os pobres. Este aserto lido nunha pancarta dun indignado nunha protesta non recordo onde pode parecer populista, pero parándonos a pensar hai argumentos que lle poden dar a razón.

Vexamos. Unha rapaza sen recursos gasta 193 euros cunha tarxeta que atopa na rúa para comprar cueiros e comida para as súas fillas e cáenlle máis de dous anos de cárcere. Pola contra, un propietario de ducias de coches e algún barco, que encheu os petos con subvencións difíciles de explicar e deixou débedas por ducias de millóns, segue fachendeando en liberdade e iniciando novos proxectos empresariais con total impunidade. Habería centos de casos máis que dan a razón á pancarta de que é máis difícil afrontar un proceso para quen non ten nin para darlle de comer aos fillos ca quen acapara 22 millóns en metálico agochados en bancos de medio mundo dos que nin sequera paga impostos.

Comentarios