sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

Manuel Ferreira: ''Si no se ponen los medios, el año que viene estaremos plagados de avispas asiáticas''

Manuel Ferreira mostra un niño de avespa asiática. c.arias
Manuel Ferreira mostra un niño de avespa asiática. c.arias

As chamadas que alertan de posibles niños de avespa asiática saturan o teléfono da Casa do Mel e, pese a que a maioría son máis medos que realidades, dende a asociación animan a avisar ante calquera sospeita. O seu presidente solicita máis medios da Xunta e colaboración cidadá para poñer freo a unha especie invasora

Hai uns anos era unha total descoñecida. A vespa velutina, coñecida como asiática ou asasina, é dende hai un ano a maior ameaza para os apicultores, que esixen medios para controlar unha especie invasora que ataca e mata ás abellas. Manuel Ferreira, presidente da Casa do Mel de Goente, nas Pontes, pide a colaboración para «amortiguar o ataque» e unha resposta da Xunta eficaz.

Hai unha alarma real?

A alarma é real e, como non se poñan medios, peor será o ano que vén, que estaremos plagados. Se non se lles fai caso chegará un momento que haberá máis vespas que abellas porque non teñen depredador. Non se vai eliminar, pero si se pode rebaixar.

Como é a súa presenza na zona?

De momento, en Lugo os casos concéntranse na Mariña. Fóra, tivemos moitos en Cedeira e xa houbo algún en Cabanas e Mugardos. Estase achegando.

É esaxerado o de vespa asasina?

É o que é. Colle as abellas na entrada da colmea, lévaas a unha zona preto, quítalle a cabeza e o abdome e o tórax lévao para alimentar ás larvas. É moi áxil e as abellas aquí non saben defenderse. En Asia rodéana, aumentan a súa temperatura e morre.

Cales son os efectos nas colmeas?

O 80% da súa alimentación son as abellas, normalmente as adultas, que son as que saen por comida, e acaba con elas. As abellas están máis agresivas, moitas non se atreven a saír por medo e traballan menos, co que merma a cantidade de mel. Tamén afecta a produción de pole e á cría de raíñas.

Consiga AQUÍ la información completa

Manuel Ferreira: ''Si no se ponen los medios, el año que viene...
Comentarios