Se hai saúde, hai corpo para festa

Os cinco médicos, onte tras a lectura do pregón. C. ARIAS.
photo_camera Os cinco médicos, onte tras a lectura do pregón. C. ARIAS.

Din que o importante é a saúde. Sempre como segunda opción. Cando un non gaña a lotaría ou un gran premio. Pero é a primeira. E nesta época estival, cun calendario cheo de eventos, foliadas, romarías, festivais e verbenas en todos os recunchos próximos, todos queren ter o corpo para festas.

Baixo esta máxima, nunha homenaxe á saúde e aos médicos locais -xa sexan de cabeceira, pediatras ou profesionais da sanidade pública ou privada-, o Concello das Pontes quixo render tributo á menciña de sempre, a das caras familiares e as dores próximas, e aos seus profesionais. Así, cinco médicos coñecidos e recoñecidos por distintas xeracións de ponteses encargáronse de ler o pregón, que deu o inicio ás Festas do Carme, que chegan cargadas de orquestras.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios