Se esta é a boa senda, cal será a mala?

DÍXOO Rajoy reiteradamente antes da convocatoria electoral adiantada e na campaña que o levou á Moncloa. Coa soa chegada súa ó Goberno solucionaríanse os problemas. Foi a súa principal mensaxe programática, cando xa deixaba translucir que a política a aplicar ía ser a dos recortes como única solución. Non o explicou daquela por medo a que alguén non o votara, pero era obvio logo de criticar os dispendios anteriores. Cando chegamos á metade da lexislatura, daquel arranxo prometido, nada, e o que é peor, o recoñecemento de que durante o tempo que lle demos para gobernar (catro anos) non se vai crear emprego, e que as cifras serán peores ca cando empezou. E non lle doen prendas en dicilo, e por riba pídenos paciencia, que estamos no bo camiño. Pois perdoe, señor Rajoy, pero esa boa senda que vostede di aínda non se ve, para desesperación de millóns.

Comentarios