''Se alguén non se anotou pode aínda facelo porque quedan prazas libres''

Marzuca González (Foto: AMA)
photo_camera Marzuca González (Foto: AMA)

Marzuca González, responsable do CIM burelés, que organiza diversos cursos, nos que partiparán 256 mulleres

Cantas xente se anotou este ano nos cursos do CIM?

O prazo de inscrición rematou o pasado venres e temos un total de 256 mulleres anotadas nas actividades que ofertamos.

Cales son?

Ofertamos manualidades, curso no que temos anotadas 81 persoas; encaixe de bolillos, para o que hai 67 e bordado, con 108 mulleres inscritas.

Aínda se está a tempo de anotarse se alguén non tivo tempo de facelo?

Si, pois aínda sendo moi elevado o número de inscriciones as prazas ofertadas son máis que as demandadas, polo que aquelas mulleres que se animen poderán inscribirse ao longo do curso, sempre que queden prazas dispoñibles. De tódolos xeitos, as persoas que queiran máis información poden obtela no 982.58.06.09.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios