Sargadelos, un refuxio do folk

A Requinta da Laxeira, durante unha actuación. (AMA)
photo_camera A Requinta da Laxeira, durante unha actuación. (AMA)

«Volta á orixe» é o lema. Coa intención de recuperar os xantares e o peso da música de raíz tradicional na romaría de Santiago, un grupo de mozos fundou hai cinco anos a asociación Fervenza de Sargadelos, que dende entón impulsou a celebración baixo esta premisa. Unha nova edición da festa arranca mañá, coa actuación de A Requinta da Laxeira -22.30 horas- como un dos reclamos do programa.

Ao longo dos últimos anos, as grandes orquestras galegas potenciaron e diversificaron os seus espectáculos e copan os cartaces das festas, arrastrando a moitos seguidores. Allea a esta tendencia, a romaría cervense aposta polo folk e por Sargadelos pasaron formacións de referencia como A Quenlla, A Roda, Berrogüetto ou Treixadura. Un envite que deu bos resultados, non só en canto á calidade das actuacións, senón tamén no tocante á afluencia de público, xa que os organizadores están satisfeitos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios