Santiago Jaureguizar pronunciará el día 30 el pregón de la Moexmu

Santiago Jaureguizar. EPL
photo_camera Santiago Jaureguizar. EPL

O xornalista e escritor Santiago Jaureguizar Ortiz de Zárate será o encargado de pregoar a XXVIII Mostra Exposición Muimenta (Moexmu), que se celebrará no recinto feiral Manuel Vila da parroquia de Cospeito do 30 de marzo ó 1 de abril.

Jaureguizar pronunciará o discurso de apertura da tradicional feira multisectorial de Muimenta o venres 30 ás 19.00 horas, na primeira xornada da Moexmu e trala inaguración da mesma a cargo das autoridades.

O escritor, que sucederá nesta responsabilidade ó xornalista con raíces chairegas Alfonso Hermida, acumula diversos premios e ten publicadas obras de teatro, ensaios, novelas xuvenís..., ademais do traballo que desenvolve a diario como xornalista na sección de Cultura de El Progreso.

PROGRAMA

A xornada do venres da Moexmu estará centrada, coma en anos anteriores, na terceira idade. Así, o concello custeará dous autobuses que percorrerán as parroquias de Cospeito para trasladar ata Muimenta ós veciños que desexen sumarse á festa. A comisión organizadora tamén fletará outros dous autobuses que farán sendos percorridos polos municipios limítrofes co mesmo obxectivo: achegar ata o recinto ferial a todo aquel que queira visitar as exposicións da Moexmu.

O sábado 31 celebrarase o XXVI Concurso de Gando Frisón, o único que se organiza este ano na provincia e que contará con 23 seccións, nas que o xuíz portugués Luis Miguel Roça Vasconcelos Mota designará os mellores exemplares. Pola mañá, a partir das 11.00, será o certame de xatas e xovencas e pola tarde, a partir das 16.00 horas, desenvolveranse o concurso de vacas e os campionatos finais.

A xornada do domingo 1 de abril arrincará ás 11.00 horas co concurso de manexadores e ás 12.30 horas celebrarase a poxa de gando frisón. A entrega de premios está fixada para as 13.30 horas e a continuación producirase a clausura da feira.

Nos tres días da feira tamén se poderá ver, no local da Moexmu, unha exposición fotográfica que recolle a participación no Rallye de Mongolia de tres mozos do lugar.

Comentarios