Santa Mariña, patroa da igrexa máis social

Algúns dos voluntarios que colaboraron na restauración da vella igrexa de Muimenta. C. PÉREZ
photo_camera Algúns dos voluntarios que colaboraron na restauración da vella igrexa de Muimenta. C. PÉREZ

Centos de anos de uso desgastaron a soleira da porta da igrexa de Santa Mariña de Muimenta, mais nos 80, ese ir e vir de milleiros de fregueses deu paso ao abandono total do antigo templo, erixido no románico tardío, trala inauguración dunha nova igrexa ao seu carón.

O inexorable paso do tempo, coa inestimable axuda da auga e da maleza, fixo o seu labor ata converter case nunha ruína esta vella casa de Deus, ata o punto que máis dun veciño chegou a pensar que o apropiado era tirar todo e usar o solar para ampliar o cemiterio.

Non era posible, pois as igrexas son bens patrimoniais, e como tal non se poden destruír.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios