Salivar patadas

CuevaHAI EXPERTOS na prehistoria que aventuran que os homo sapiens mataban neandertales para evitarse a competencia na obtención de alimento. Mesmo engaden que poderían ter comido as vítimas por vivir nun ámbito de escasos recursos. Daquela, a violencia era máis intensamente cruel que agora, pero explicábase por unha función de supervivencia. Os habitantes das cavernas do Courel aplicarían a brutalidade sobre os animais, pero soamente para comelos. Iván Pavlov fixo un experimento psicolóxico con cans. Antes de servirlles comida, tocaba unha campá. Os cans acabaron identificando o son coa comida. Soamente con que escoitasen unha campá salivaban. Hai sapiens modernos que acabaron identificando a violencia co fútbol e abonda con que haxa un partido para que saliven ganas de dar golpes. Un sapiens vello non mataría un neandertal porque preferise a cor branca con franxas azuis ou vermellas. Non entendo a trascendencia de que na Batalla do Manzanares fose convocada por ‘whatsapp’ ou fose unha emboscada. Aínda nese segundo caso, os agredidos non foron elixidos de xeito aleatorio, senón por considerar excitantes as patadas e as puñadas. Álex, o brután de ‘A laranxa mecánica’, pregúntase: «Eu, eu, eu. Que hai de min? Onde entro en todo isto? Son un animal, ou un can? Non son máis ca unha laranxa mecánica?»

Comentarios