Sabela González: ''a miña protagonista é muller se cadra por estar vendo 'Xena, la princesa guerrera' ''

Sabela González Panizo. JANITE.
photo_camera Sabela González Panizo. JANITE.

"Houbo xente que me comentou que lles chocaba que aparecesen produtos como o café nunha historia seudomedieval, pero eu non escribín que estivese ambientada en Europa"

O seu primeiro libro, ‘Bágoa de Lúa’ (Galaxia), aparécesenos por todas partes. De onde raio saíu?

É o primeiro libro dunha triloxía, ‘As crónicas de Landereina’. A idea xurdiu dun relato curto que empezou a crecer e a írseme das mans.

Ten xa todo escrito?

Non, empecei unha segunda parte e pensei a terceira. Teño notas de todo.

Fáleme logo dese relato tan fértil.

Era un conto arredor dun reino fantástico. O protagonista era un rei, pero non saíu nada porque o rei era bo e non lle pasa nada ata que o matan.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios