La Ruta do Monseivane homenajea a uno de sus promotores

O clube ciclista Vilalba-As Pontes homenaxeará este domingo a Vicente Otero Currás coa oitava edición da Ruta Serra do Xistral-Monseivane en bicicleta de montaña (BTT). Este membro do clube vilalbés, recentemente falecido, foi uno dos impulsores desta actividade.

A ruta deste ano terá un percorrido de 51 quilómetros, dos que un tramo de 10 estará neutralizado. A súa dificultade é media-alta e a esixencia física, alta. O percorrido conta con dúas subidas importantes e dúas baixadas técnicas, ademais de con tres avituallamentos.

A saída da marcha será ás 9.00 horas dende o pavillón municipal de Vilalba. Os participantes poderán recoller o dorsal tanto o sábado, entre as 19.30 e as 22.00 horas, como o propio día da ruta entre as 7.30 e as 8.40 horas, no citado polideportivo. A chegada será no mesmo lugar e, a continuación, haberá un xantar de confraternidade no restaurante A Nova Ruta.

O prazo de inscrición finaliza este venres ás 12.00 horas. A cota a pagar será de 15 euros para ciclistas federados e de oito euros máis para os que non o estean. A inscrición realizarase a través de internet, na páxina web www.ccvilalba-aspontes.com. Os interesados tamén poden informarse nos teléfonos 622.29.23.73 ou 622.39.23.73.

A organización entregará trofeos ós ciclistas de maior e menor idade, ó clube máis numeroso e ó que proceda de máis lonxe. Tamén haberá un maillot conmemorativo para os 250 primeiros participantes e un agasallo para todas as mulleres inscritas. As entregas faranse no transcurso da comida.

Comentarios