La Ruta da Pedra unirá la casa de Díaz Castro con el campo de la fiesta de Buriz

Representantes veciñais do Buriz e dos Vilares, ante a casa de Díaz Castro con Polín e Quijada (dereita). (Foto: C.Pérez)
photo_camera Representantes veciñais do Buriz e dos Vilares, ante a casa de Díaz Castro con Polín e Quijada (dereita). (Foto: C.Pérez)

A Deputación de Lugo súmase á conmemoración do ano de Xosé María Díaz Castro co acondicionamento dun roteiro de sendeirismo homologado en Guitiriz, que levará por nome Ruta da Pedra e que unirá a casa natal do poeta, na aldea do Vilariño dos Vilares, co campo da festa da veciña parroquia do Buriz, presidido por un monolito na súa honra.

Regina Polín, deputada de deseño e artesanía, ademais de veciña de Guitiriz, destacou que este itinerario non será só unha proposta cultural, senón tamén «natural, social e económica», xa que discorre por paraxes naturais, está deseñada para que os camiñantes «o pasen ben» e ademais conlevará a mellora de camiños en mal estado, polo que tamén se verán beneficiados os propietarios das fincas próximas. «Trátase, en definitiva, de potenciar o rural», asegurou Polín.

Un camiño inspirado na nenez do poeta

O deseño do percorrido inspírase na nenez de Díaz Castro, quen percorreu moitas veces a pé a distancia que separa a súa casa do Vilariño e o Buriz, a onde ía a escola.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios