domingo. 17.11.2019 |
El tiempo
domingo. 17.11.2019
El tiempo

Running

 

SEMPRE tiven gañas de escribir sobre o footing. Coma dos Ancares, podes falar de correr en cada estación.

 

Agora, con plena choiva e frío, vou á primeira hora por asfalto. Recuperei a metade da forma. Pronto estarei outra vez en condicións de abordar novos retos.

O footing segrega endorfinas, distánciate dos problemas e faite máis feliz. Pero aínda me faltan kilómetros, para non entrar ao trapo de zancadelas.

O footing na primavera ou no verán é case un éxtase da cuarta sinfonía. Estiras na ponte do Rato. Ves peixes e ata cangrexos. O sol dá de fronte. Oes o rumor do río.

Saltas e alá vas a conquista da felicidade: é dicir, o que é a vida pero en dez, 15, 20 kilómetros ou máis. Levas dentro de ti o espíritu olímpico de superación -máis rápido, máis forte, máis alto- e chega alí onde queres chegar.

Despois do amor a miña familia, á neniña que vén en camiño, á muller que fixa o meu timón, á miña irmá e os meus amigos, o footing é a experiencia máis placenteira que coñezo sen entrar en debilidades do ser humán.

Sempre en Galiza, sempre estarei correndo, para que as miñas pulsacións baixen e saiba navegar entre tormentas, se aínda estou a tempo.

Se non, colle o billete e vaite para a túa casa coas vistas ao río. Sempre haberá quen eloxie o que outros maltratan sen razón: o traballo.

Running
Comentarios