Novo adestrador do San Roque

Rubén Sanjurjo Fernández, Piru, levounos á vitoria no seu duelo de estrea

Segunda Galicia Sur
ruben sarjurjo fernandez piru san roque
photo_camera ruben sarjurjo fernandez piru san roque
Rubén colleu as rendas do San Roque no seu duelo ante o SP Lucense e logrou firmar a vitoria por 0-2. Substitúe a Fernando Corredoira, que foi fichado polo Castro, aínda que non é novo no equipo, no que xa estaba como segundo. Custoulle entrar no xogo ao San Roque, sobre todo tamén polo mal tempo. Aínda así marcaron pronto e na segunda parte, despois dos reaxustes, tiveron máis control do duelo e completaron o marcador.