Rubén García: ''Os DVDs van ofrecer unha vista dos concellos da comarca única e moi diferente á habitual''

Rubén García, con un aparato multirrotor con cámara.
photo_camera Rubén García, con un aparato multirrotor con cámara.

cOMO SE un paxaro sobrevoase as localidades mariñás, a empresa Producciones del Noroeste Air-e encargouse de rodar cada un dos recunchos que esconde a comarca. O alfocense Rubén García, director técnico da empresa, encargouse de realizar o contido das cintas da colección ‘A Mariña dende o Ceo’ que ofrecerá aos lectores de El Progreso-A Mariña a posibilidade de ollar dende un punto de vista diferente os principales lugares da bisbarra. Os DVDs, que contan co patrocino da Vicepresidencia Primeira da Deputación, custarán 1,95 euros e poderán conseguirse a partir deste sábado.

Cando comezaron a rodar esta colección de DVDs?

Empezamos a mediados do mes de xuño e levounos un mes. Usamos aparellos dirixidos por control remoto que teñen a gran vantaxe de poder levantar case calquera tipo de cámara e poñela en ángulos ata o de agora inverosímiles, o que permite captar planos moi creativos e cunha boa calidade.

Tiveron moitas dificultades para poder realizalos?

O peor foi a meteoroloxía. O noso aparato precisa que non haxa moito vento e se chove non se pode rodar. Iso fixo que tardasemos máis do previsto na toma das imaxes, xa que tamén é necesario que entre unhas gravacións e outras non haxa moita variación no tempo.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios