Rubén Eyré: ''Acabé haciendo un libro de cuentos mezclando vivencias y fantasías''

Rubén Eyré é un chantadino que no seu tempo libre escribe poemas, relatos ou contos. Lévao facendo dende mozo. Despois de tantos anos decidiuse a publicar o seu primeiro libro, ‘A verdade nos espellos’, que gañou o XV Premio Risco de Creación Literaria de Ourense.

PABlo Rubén Jorge Eyré é o nome completo do gañador do XV Premio Risco de Creación Literaria convocado entre a fundación Vicente Risco, con apoio do Concello de Ourense, e a editorial Sotelo Blanco, dotado con 6.000 euros e a publicación do libro, unha recompilación de 27 contos que se presentan baixo o título ‘A verdade nos espellos’. Rubén Eyré, nacido en 1958 en Vilanova, parroquia chantadina de Laxe, é responsable comarcal da corretaxe de seguros da firma Álvarez Real, pero nos seus anacos libres escribe apuntamentos por aquí e por alá para acabar construíndo unha historia ou un poema. Sen présas, coa pausa necesaria para redondear a obra. É unha afección á que dedica tempo pero non o empeño como para que as súas obras saian á luz nun determinado espazo de tempo. Escribe dende pequeno e comezou a facelo públicamente neste diario cando tiña 20 anos, pero curiosamente a obra que acaba de recibir o Premio Risco é a primeira que publica.

Como recibiu a nova do galardón?

A verdade é que non mo esperaba porque é un certame de prestixio ao que se presentan escritores con bastante nivel e que na súa primeira edición gañou Xosé Carlos Caneiro, coa obra ‘A rosa de Borges’. Tamén é unha dobre satisfacción porque é a primeira vez que publico un libro. Levo moitos anos escribindo por afección e teño moitas cousas, pero como non é un oficio, non me preocupa o tempo. Algunhas publiqueinas, sobre todo nalgunha revista e en El Progreso, onde comecei a enviar algúns artigos e colaboracións cando era veinteañeiro. Á parte de escribir por afección tamén gústame transmitir aos demais.

Que se pode atopar no seu libro?

É un conxunto de relatos, contos, de distinta temática. Uns máis curtos e outros máis longos. Non teñen fío común, aínda que entre algúns deles pode haber relación. A maior parte ten que ver coa

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios