DIANTEIRO DO CD CASTRO

Rodolfo Periale: Deulles o gol da vitoria nun duelo clave para o ascenso

PRIMEIRA GALICIA
Rodolfo Periale, dianteiro do CD Castro. Foto: EX
photo_camera Rodolfo Periale, dianteiro do CD Castro. Foto: EX

O Castro, superou un duelo clave contra o Chantada, terceiro clasificado, de cara a conseguir o ascenso directo. Foi o gol de cabeza de Rodolfo Periale tras un centro de Muíña o que lles deu a vitoria aos vermellos. O dianteiro foi fichado no mes de outubro polo club castrexo, ata o momento, acumula 20 tantos e é o terceiro máis goleador da competición.