Rocío López Núñez: ''Los lectores dicen que la novela engancha y los implica desde el primer momento''

Rocío López, coa súa novela. Foto: PORTO
photo_camera Rocío López, coa súa novela. Foto: PORTO
As novelas de suspense son as súas predilectas e este xénero foi o elixido por Rocío López para a súa primeira incursión como escritora. É unha obra sobre un asasino en serie que terá unha segunda parte.

rocío López Núñez, de Monseiro (Láncara), comezou a escribir ‘Nunca volverás a Pikeville’ hai tres anos ó perder o anterior traballo (agora exerce nunha empresa de transportes) e acaba de facer realidade o desexo de publicala. A obra preséntase hoxe ás 20.30 horas na casa da cultura de Sarria.

‘Nunca volverás a Pikeville’ é a súa primeira novela. Como xurdiu a súa publicación?

Empecei a escribila en decembro do 2011 porque me quedou moito tempo ó perder o traballo e necesitaba algo que me ocupara ese tempo. Sempre me gustou a literatura, sempre lin moitísimo e comecei un pouco de broma, por encher ese tempo, e cada vez gustábame máis. Cada momento que tiña escribía e funme enredando na historia. Busquei unha editorial que me publicara, o que é practicamente imposible cando non eres coñecido. Encontrei a Ediciones Albores, que é de coedición e podes pagar a medias a primeira tirada. Mandei as 50 primeiras páxinas e pedíronme o libro completo porque era factible publicalo. Empezamos a vendelo por internet e despois contamos coa colaboración das librerías Folla de Sarria, Bande da Pobra de San Xiao e Trama de Lugo.

Apóiase nas redes sociais para a súa difusión.

Si, son moi

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios