Roberto Díaz Expósito: ''Logramos xuntar a máis de 100 persoas de diferentes xeracións''

Roberto Díaz.
photo_camera Roberto Díaz.

A Asociación de Comerciantes de Lourenzá organiza mañá unha xuntanza de antigos alumnos do colexio Juan Rey e das escolas unitarias do concello. Como acto central haberá unha comida con animación musical no recinto feiral de Vilanova e alí exporánse fotos de distintas xeracións que achegaron os veciños.

Co propósito de facer que os antigos alunos do colexio Juan Rey e das escolas unitarias de Lourenzá retomasen o contacto, a Acial de Lourenzá organizou unha xuntanza mañá no recinto feiral de Vilanova.

Como xurdiu a idea de organizar un evento coma este?

Nunha reunión rutinaria da asociación estabamos falando de novas propostas e actividades para facer. Eu tivera esta idea fai tempo a título individual e decidín expoñela porque me parecía algo moi interesante e que podería ser chamativo para todos. Aos compañeiros da asociación gustoulles e decidimos levala a cabo.

Cal foi a resposta dos ex-alumnos a esta iniciativa?

A verdade é que contabamos que fose maior, pero logramos xuntar a máis de 100 persoas. Será un encontro de varias xeracións, incluso se xuntarán pais e fillos que estudaron no mesmo colexio. Ao facelo no verán contamos con xente que vén de fóra e que viviu a súa infancia na vila, pero á vez, son datas complicadas porque hai veciños que están de vacacións e non están estes días en Lourenzá.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios