Riotorto ayuda a darle salida a los cultivos de 20 productores ecológicos

Mercado de outono, en Riotorto. antonio lópez
photo_camera Mercado de outono, en Riotorto. antonio lópez

A localidade riotortense, a cabalo entre a Terra Chá e A Mariña, leva seis anos celebrando mercados estacionais, que axudan aos produtores a darlle saída aos seus excecedentes ecolóxicos e de tempada. Onte, numerosas persoas acodiron ao pavillón das Rodrigas ao mercado de outono para adquirir algún dos produtos que trouxeron os máis de vinte expositores presentes e para asistir a unha demostración dos procesos de fabricación da sidra, a cargo de Xosé Folgar. O evento consolídase, a pesares de que onte tivo que competir co mal tempo e co mercadiño dominical de Meira.

«É unha oportunidade moi boa para os produtores de Riotorto poder expoñer e promocionar o que aquí se fai, totalmente gratis, porque o Concello dao todo feito. Só hai que levar o produto ata ao expositor que hai instalado no pavillón». 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios