Ribas de Sil elixe un toque fluvial para as patronais

O CONCELLO de Ribas de Sil celebra a partir do mércores catro días de festas en San Clodio, a capital municipal. Os escenarios principais serán a Praza do Concello de San Clodio e a praia fluvial ubicada á beira do Sil.

A comisión de festas, integrada polos concelleiros Roberto Castro e Indalecio López e polo mozo José Manuel Rodríguez, preparou un programa no que hai oco para as orquestras, a música tradicional, os xogos infantís e os actos institucionais.

A encargada de abrir os festexos o mércores 14 será a banda de Ribas de Sil e esa noite a orquestra Madeira amenizará a verbena.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios