O goberno do Bloque Nacionalista Galego en Ribadeo vai levar ao vindeiro pleno extraordinario no que se aprobará unha modificación do orzamento e a regulación do Imposto de Bens Inmobles (Ibe), unha proposta para esixirlle á Xunta a inmediata contratación estable dun médico de familia para a quenda de tarde no centro de saúde.
Pedirán que o Executivo galego convoque unha praza e deixe de "proponer contratos precarios de reducida duración que provocan o rexeitamento do posto". Instan a substituir canto antes á persoa que cursou baixa como facultativa dende hai xa varios meses.
Ribadeo leva ao pleno municipal a carencia de médicos no turno de tarde
O Concello pediralle á Xunta un galeno que cubra as tardes