viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Resurgir, a ver si también en lo económico

IGUAL QUE chegou o Rexurdimento tras ‘séculos escuros’, ansíase a recuperación económica logo dun lustro de crise. Se o 17 de maio de 1863 quedou gravado como o punto de referencia da revitalización cultural galega coa publicación da primeira obra de Rosalía de Castro, ‘Cantares gallegos’, devécese por un dato macroeconómico positivo co que dar por rematada unha deprimente etapa que se levou por diante parte do Estado de benestar que tantos anos custou edificar. Galicia rexurdiu hai século e medio, e seguro que tamén sairá deste burato que enguliu a cultura do ladrillo sen deixar un sustitutivo no hourizonte, o malo é que aínda non sabemos como; parchéase onde se necesitan algo máis ca remendos polo calibre da fenda. A alternativa, centrarse na competitividade das empresas galegas, como defende Jesús Gamallo, aínda que sobre algunhas das asentadas aquí o futuro semella tenebroso. Non imos dar nomes, para que; pero tanto no tecido industrial como no medio rural só queda mellorar, por iso non seguiremos laiándonos, que para iso xa o fixo abondo Rosalía, como ben recolle Marta Veiga en frase exemplarizante dun alcalde galego. Porque segundo se vislumbra unha saída ao túnel do naval á espera de se concretar os encargos de Pemex, tamén se pode argallar un entarimado que saque ao sector lácteo do estado comatoso no que se atopa, se ben aquí o doente é máis difícil de reanimar. Necesitados tamén de primeiros auxilios están os grupos da oposición. Tanto PSdeG como BNG teñen por diante un ano crucial no que han ter que buscar un espazo que entre Beiras e Feijóo lles arrebataron e os enviaron a urxencias. E mentres os políticos manteñen as súas liortas, internas unhas e enleadas entre partidos outras, Lugo sigue clamando polo servizo de Hemodinámica no novo hospital. Non é sequera a reclamación dunha discriminación positiva que como provincia do interior precisa, senón que é só cuestión de supervivencia. Pero non vaiamos poñernos no peor, porque o desalento é mal compañeiro de viaxe e o desánimo nada soluciona. A ver se desta rexurdimos, como Galicia hai 150 anos.

Tito Diéguez é subdirector de El Progreso

TEMAS DE 2013 (pique en cada titular ou caixa)

Resurgir, a ver si también en lo económico
Comentarios