A revista Croa recolle os traballos de consolidación efectuados en Viladonga

Consolidación en Viladonga. M.M.
photo_camera Consolidación en Viladonga. M.M.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de editar o número 23 da revista Croa, unha publicación do Museo do Castro de Viladonga na que, entre outros contidos, se recollen os traballos de consolidación realizados no xacemento de Castro de Rei nos últimos tempos, cun investimento de máis de 200.000 euros entre 2012 e 2013, ademais de ofrecer un repaso das actuacións desenvolvidas no castro dende os anos 70.

A publicación tamén fai un repaso das actividades promovidas polo propio centro e pola Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga entre setembro do 2012 e abril do 2013.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios