Sábado. 15.12.2018 |
El tiempo
Sábado. 15.12.2018
El tiempo

Retorno al año 1900

Exposición de vehículos eléctricos no Basanta Silva. (Foto: C.Pérez)
Exposición de vehículos eléctricos no Basanta Silva. (Foto: C.Pérez)

Alá polo ano 1900, só se vendía un vehículo de gasolina por cada dez eléctricos e todos os taxis que circulaban na cidade de Nova Iorque eran eléctricos. Esas e outras anécdotas foron as que puideron coñecer os asistentes ao relatorio impartido polo xerente do parque eólico experimental Sotavento, Manuel Díaz, sobre eficiencia enerxética e vehículos eléctricos no IES Santiago Basanta Silva de Vilalba.

Distintas razóns, entre elas que era o favorito das mulleres ou a industrialización de Henry Ford, explicou Manuel Díaz, levaron a que os automóbiles eléctricos perderan forza no mercado ata chegar á situación actual, na que a meirande parte dos gases que producen o efecto invernadoiro son derivados das emisións do transporte.

Consiga AQUÍ la información completa

Retorno al año 1900
Comentarios