miércoles. 18.09.2019 |
El tiempo
miércoles. 18.09.2019
El tiempo

Retirar a saba encubridora, que non é santa

DEBERÍA, PERO non estou asombrado. Quizáis porque non é sorpresa, para min e por desgraza para case ninguén. Os abusos de relixiosos levan séculos existindo e nos últimos anos trascenderon casos que pola súa dimensión incluso traspasaron fronteiras como as de Alemaña, Irlanda ou Estados Unidos.  Estes terribles actos non eran oficialmente coñecidos ou tardaban décadas en saberse porque a xerarquía eclesial os encubría ou se obstaculizaba a súa aclaración. E aí é onde hai un cambio considerable co papado de Francisco, agresivo contra estas aberracións en vez de morno como os seus predecesores Bieito XVI e Xoán Paulo II, pois unha cousa é condenar a pedofilia interna e pedir perdón e outra actuar con firmeza contra os criminais e permitir que os xulguen tribunais ordinarios, porque ademais de pecado confesable é un grave delito que non debe quedar impune.

Retirar a saba encubridora, que non é santa
Comentarios