Lunes. 18.12.2017 |
El tiempo
Lunes. 18.12.2017
El tiempo

Respostas na encrucillada

Fernando Martínez Arribas, José Julio Fernández y Carlos Ruiz Miguel
Fernando Martínez Arribas, José Julio Fernández y Carlos Ruiz Miguel
Expertos en Dereito Constitucional amosan que ante algunhas das preguntas abertas arredor de Cataluña pode haber varias contestacións

Especialistas en Dereito Constitucional responden á pregunta que lles trasladou onte o Goberno central á Generalitat. E non é a única neste proceso.

¿Houbo unha declaración de independencia en Cataluña, dentro ou fóra do hemiciclo?
Fernando Martínez
: O do martes non ten valor xurídico. Primeiro, porque nace de leis autonómicas suspendidas. E segundo, porque nin sequera houbo un acto xurídico entendido como tal. Non houbo votación no Parlament, senón unha declaración do presidente da Generalitat, seguida dunha firma dunha parte dos deputados, non de todos, non reunidos en pleno, sen debate e sen votación. Polo tanto, non houbo acto xurídico. Outra cousa é o valor político ou simbólico que se lle queira dar.

Carlos Ruiz Miguel: Sí y no. Sí hubo una "declaración de independencia", pero no la hizo el Parlamento de Cataluña. De hecho, está firmada por "los legítimos represen tantes del pueblo de Cataluña".


Fernando Martínez Arribas, doutor en Dereito Constitucional: "Se se decide poñer en marcha o artigo 155 o Goberno ten que propoñer medidas concretas. Pode ser moi gradual, ir en cascada" 


José Julio Fernández: Tendo en conta que a chamada lei de transitoriedade foi suspendida polo Tribunal Constitucional, os actos baseados nela non teñen efecto xurídico. Polo tanto, tal declaración non ten validez. Outra cousa é o valor político do que se fixo, que parece que quedou nun punto intermedio. Houbo unha suspensión inmediata na tribuna de oradores, non houbo posicionamento do pleno e realizouse a firma dun documento de intencións fóra. Parece que tal ambigüidade foi buscada de maneira consciente.

Atendendo ao ocorrido e á lei, ¿é adecuada a resposta avanzada por Mariano Rajoy?
F.M.:
O que hai é o paso previo que permite activar o artigo 155 da Constitución. O requirimento é un paso previo preceptivo para poñelo en marcha. En función das respostas xa se podería ir ao 155 ou non. Facer o requirimento non significa que a consecuencia vaia ser aplicar o artigo, pero si é condición previa necesaria.

C.R.M.: Sí que es acertado invocar el artículo 155 para una situación como esta, aunque sobra preguntar si una "declaración de independencia" es una "declaración de independencia".

J.J.F.: Parece difícil atopar outro suposto que encaixe mellor co previsto no artigo 155 da Constitución. Polo tanto, o requirimento feito ao presidente autonómico hai que consideralo a primeira fase que prevé ese artigo. Activar as fases iniciais do procedemento non obriga a levalo ata o final.


Carlos Ruiz Miguel, catedrático en Dereito Constitucional: "Hubo declaración de independencia, pero no del Parlament; la firman los legítimos representantes del pueblo de Cataluña" 


¿Qué medidas pode impulsar o Goberno en relación a Cataluña ao amparo do artigo 155?
F.M.:
É un artigo moi ambiguo; non especifica o que se pode facer, en caso de que haxa unha comunidade autónoma incumplidora. E, a diferenza de outros artigos, non ten ningunha lei orgánica que o desenvolva. Se se decide poñer en marcha o 155 a proposta pasa ao Senado e aí o Goberno ten que propoñer unha serie de medidas concretas. Supoño que serán por temas de carácter económico, financeiro ou de seguridade. Pódese dicir que determinadas funcións ou competencias en mans da Generalitat pasan a ser exercidas temporalmente polo Estado. Pode ser moi gradual, ir en cascada. A suspensión das institucións autonómicas entraría noutro escenario de xogo no que creo que non estamos. O 155 en principio é para garantir que hai cumprimento, non para substituír os responsables autonómicos por outros.

C.R.M.: El artículo 155 tiene una redacción abierta, lo que significa que el Gobierno puede adoptar cualquier medida que sea necesaria, desde las más débiles a las más fuertes. Y entre las más fuertes, por supuesto, se incluye la eventual suspensión de la autonomía. J.J.F.: A Constitución só fala das "medidas necesarias" para o cumprimento forzoso das obrigas constitucionais. O regulamento do Senado tampouco as prevé. Ademais, non hai precedentes de aplicación e o Dereito comparado tampouco serve para concretar. Polo tanto, as medidas serán as que estableza o Goberno coa autorización do Senado por maioría absoluta. O que podemos facer é elucubrar sobre algunha posible: a sustitución de autoridades autonómicas, a suspensión de funcións ou a retirada de certas competencias. Entendo que as medidas non poden quebrar a arquitectura dos poderes autonómicos. Por exemplo, non se pode suprimir o Parlamento, aínda que si asumir a función de convocar eleccións, por exemplo, co que se disolve. Así as cousas, non debe suspenderse a autonomía como tal.


José Julio Fernández, profesor de Dereito Constitucional: "O 155 non é a única resposta do Estado. Podería aplicarse o estado de excepción, aínda que iso xa é unha medida extrema"


Máis aló da vía do 155, ¿poderíase chegar a unha declaración do estado de excepción, por exemplo?
F.M.: Creo que estamos afortunadamente nunha fase moi anterior. Estamos discutindo o 155. O estado de excepción ou de sitio é un paso ou dous máis alá.

C.R.M.: En principio, el estado de alarma está previsto para situaciones de desabastecimiento o paralización de servicios mínimos, que no parece que se esté dando. Sí que se da el presupuesto de hecho para declarar el estado de excepción, si bien, a diferencia del artículo 155, tiene que ser autorizado por el Congreso y se requiere una mayoría que no tiene el PP en esa Cámara. Ahí la dificultad puede estribar en tener la mayoría, que sí se alcanzaría con los votos de PSOE y Ciudadanos.

J.J.F..: O artigo 155 non é a única resposta do Estado ante o desafío separatista. O Tribunal Constitucional podería intervir de novo con base nas súas competencias de execución de sentenzas. O control financeiro seguirá ou incluso se incrementará. Os temas penais continuarán a través de Fiscalía e dos xuíces de instrucción. O que non creo de aplicación é a lei de seguridade nacional. Ademais, podería aplicarse o estado de excepción, aínda que isto xa é unha medida extrema.


Respostas na encrucillada
Comentarios