Relixión política

NON sabía eu que para un católico o determinante sexa o Estado do que dependa, o idioma que fale ou o sentimento de pertenza a unha comunidade; cría que o transcendente eran outros preceptos. Pois segundo Rouco Varela, un dos asuntos máis preocupantes para un católico é a organización territorial. Na súa despedida á fronte da Conferencia Episcopal amosa como principal desazón a posible «desintegración» de España, como se influíra nas crenzas relixiosas dunha persoa de Lloret, Osorno, Alcalá, Vilalba ou Villanueva del Campillo o país do que forme parte. Ao mellor o que agacha é unha vocación política insatisfeita, un interese en influír cada vez máis nun Estado que colabora con mil millóns de euros anuais para soldos dos que imparten docencia e dirixen cultos, pero debe consideralo escaso para o proselitismo, pois a pretensión parece ser marcar a axenda do Goberno. Non é relixión, é poder.

Comentarios