domingo. 29.03.2020 |
El tiempo
domingo. 29.03.2020
El tiempo

Reiteración

Xardas na lonxa de Burela / Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZGÚSTANOS transitar pola xornada sen alteracións, sen imprevistos que nos desconcerten. Cada costume noso ten o seu lugar e o seu momento. Satisfácenos atopar cada rutina, cumpila e ir na busca do seguinte. A nosa cotidianeidade é coma as xardas que desembarcan na lonxa de Burela. Todas están amoreadas, grises e docemente mortas en caixas verdes. Cada cabala ten o seu dobre único, aínda que todas nos parecen iguais. Mesmo seríamos incapaces de distinguirnos dun dobre de nós se non fose porque non temos conciencia do propio corpo. Goethe cabalgaba de camiño a Drusenheim cando se cruzou cun home idéntico a el vestido cun traxe gris con adornos dourados. Oito anos máis tarde, esquecida a sorpresa, vestiu un traxe gris con adornos dourados e volveu atoparse consigo vestido cos mesmos traxe e adornos. A rutina excúsanos de tomar decisións, pero chega a aburrirnos. Atopar o noso xemelgo ignorado pode ilusionarnos, pero é preferible a seguridade do tedio. Lord Byron estaba hospitalizado en Grecia en 1811. Enfermou gañando adornos de dourados de gloria militar batallando pola independencia grega. Ao tempo, o seu dobre foi visto en Londres asinando no libro de condolencias pola morte de George III. Cando volveu a Inglaterrra e o informaron, valorou: «Confío en que o meu dobre se comportara coma un cabaleiro».

Reiteración
Comentarios