Reino

Solideo / JOSÉ Mª ÁLVEZ OCCIDENTE vive desconcertado dende que a súa figura máis influínte -máis que o sobreactuado Marx-, o oriental Xesús Cristo, decidiu repudiar a realidade advertindo de que o seu Reino non era deste mundo e de que non pensaba entrar nas competencias do César. Iso fala do seu carácter respectuoso e súmao á tradición xudea de percibir a Historia coma unha caos azaroso no que é mellor non verse envolto. Os musulmáns forons os únicos da tríade de relixións do Libro optaron pola aplicación do plan de Deus na realidade dun xeito explícito. Aforraron ese balanceo continuo que supón influír na política sen impregnarse dela, como se a actividade pública fose algo sórdido. Nada ten de censurable que un grupo inmenso de persoas, como a Igrexa católica, defenda o seu ideario na redacción das leis comúns, pero si que traten de convencernos de que ese Reino nada ten que ver co de España porque esta ten monarca de seu. Mesmo se agradece que o actúen coa discrección coa que os bispos colocan o solideo, o ‘só con Deus’, tan irmandado coa kipá (‘cúpula’) xudea. Dende logo amosan máis respecto ca eses dous científicos europeos que veñen de reducir a existencia de Deus a unha operación matemática demostrable cun ordenador doméstico, cando a fe ou a súa ausencia son cuestiómns que responden máis ao instinto ca á lóxica.

Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ

Comentarios