Reigosa llama a buscar en los libros las ''verdades para comprender la crisis''

A Feira do Libro quedou inaugurada na Praza Maior. PEPE ÁLVEZ
photo_camera A Feira do Libro quedou inaugurada na Praza Maior. PEPE ÁLVEZ

Antonio Reigosa botou onte man de dous textos, cotexando ‘O gato con botas’ co Código Penal, para facer unha denuncia da crise. O escritor mindoniense leu un pregón da trixésima Feira do Libro de Lugo comentando a realidade e convidando a usar as obras literarias como elemento de intepretación para atopar «algunhas das receitas para descubrir algunha verdade».

Reigosa foi enumerando as esceas do conto de Charles Perrault para ir establecendo comparacións coa vida pública. O pregoeiro sitúa o presunto Marqués de Carabás, «un gran señor rico e poderoso» canda o rei «nunha cacería en Botsuana», que logo rectificou ironicamente como «un paseo pola beira do Miño».

«O gato practica o cochecho activo» ao agasallar ao monarca do conto, «mentres que o rei, aceptando os regalos, practica o cochecho pasivo», considerou.

Na intepretación de Reigosa non faltan «unha estación de servizo» ou «un ogro, que é retado a que se transforme en diversos animais para ao final pedirlle que se transforme en Rato». Así, «o ogro das finanzas acaba morrendo devorado polo gato» para concluír o relato subliñando que «aquel mozo muiñeiro -que podería ser tamén xogador de balonmán- era agora un señor rico e poderoso».

O discurso de Reigosa comezou e rematou con dúas propostas literarias. A primeira sería apelidar a Praza Maior «como Praza Maior de Pimentel ou de Fole». A segunda, introducir a lectura na hostalería mediante a oferta nos establecemento «dun pincho para ler». Os textos manarían dun «concurso de ocorrencias literarias para picar».

Lectura

O acto contou coa presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen salientou a importancia de que haxa certames coma o de Lugo «porque as feiras do libro son unha actividade máis no fomento da lectura e do libro». Non deixou de solicitar que se «contextualice no momento tan difícil que vivimos».

O tenente de Cultura, Antón Bao, afirmou que eses eventos «son unha forma de difundir a cultura e o saber nestes tempos no que se rebaixa o investimento en cultura». Tras esta referencia xeral, Bao centrou a atención sobre a carga económica e laboral que representan os libreiros.

O seu representante, Antonio Fernández Maira, que é secretario da Federación Galega de Libreiros de Galicia, sinalou que os trinta anos que cumpre a feira dábanlle a seguridade «de que houbo algún lector que está aquí e en empezou con nós».

O certame, que se prolongará ata o domingo, ten once casetas. Case que todas son lucenses agás dúas coruñesas e unha viguesa.

Comentarios