Regresión administrativa

EN VEZ de evolucionar na revisión mellorada da función pública prodúcese un intento de regresión institucional cun ansia desmedida de potenciar as deputacións en vez de suprimilas nun momento no que a delimitación provincial dilúese (que llo digan a Vigo, Ferrol ou Santiago). Cando se debate sobre a duplicidade de competencias e a sociedade reclama racionalidade na xestión, búscanse novas tarefas para unhas entidades rancias nacidas en 1834 que logo do nacemento do Estado das autonomías carecen de sentido. Porque iso de ser ponte entre concellos, comunidades e Goberno central é unha falacia regresiva á época escura das rexións sen contido e centralismo administrativo e político que algúns morriñentos pretenden recuperar coa escusa da crise e como ataque a unha estrutura autonómica que cumpriu co seu cometido a pesar dos excesos e dalgunhas eivas. Miremos para adiante.

Comentarios