Necrológicas

Regina Fernández

Una cruz de un cementerio. AEP
photo_camera Una cruz de un cementerio. AEP

En lembranza de Regina Fernández Querida amiga Regina: Foi tan fonda a tristeza que me causou a túa marcha que necesitei varios días para poder dedicarche estas palabras. 

Fúcheste, Regina, coa mesma discrección da que fixeches gala en vida.

A bondade, a humildade, o bo trato con todas as persoas, a fidelidade aos compromisos e aos teus principios é una boa herdanza que nos deixas.

O teu existir non foi de balde, deixas boa semente pero tamén un gran baleiro en quen tivemos a sorte de coñecerte e disfrutar da túa amizade, deixando unha gran dor no noso corazón. Ímoste botar de menos.

Descansa en paz, querida amiga. Que o sol che dea luz e calor e a terra bo acubillo. Ata sempre.

Comentarios