Reformas para máis calidade democrática

DA FERVENZA de reaccións ante o anuncio da abdicación do Rei, quédome especialmente cunha, porque non está na liña de continuidade (por non dicir inmobilismo) que defenden os dous principais partidos políticos nin na rupturista que manteñen outros minoritarios, senón na do sosego para afrontar cambios imprescindibles. O voceiro da Xuíces para a Democracia considera que é o momento preciso para reflexionar e abrir un debate sobre a posible reforma constitucional ante o signo de «esgotamento» que presenta a principal norma debido á «erosión» do sistema de dereitos fundamentais e da «febleza» das institucións nas que está asentado o país. Esa é a clave, e non só que se trate dunha institución anacrónica na segunda década do século XXI, para emprender reformas coas que mellorar a calidade da democracia nun Estado que en nada se parece ao de hai case 40 anos.

Comentarios