Reformar para recortar

CANDO alguén se declara reformista soa ben. Parece que defende unha evolución a mellor. Pero cando iso se produce como eufemismo de recortar, convértese nunha tallada ao Estado de benestar que amola a unha sociedade xa apreixada en exceso desde que se aceptou que estabamos en crise. Chegados aquí, logo cando alguén se vangloria de ser o campión do reformismo é para botarse a tremer, porque será bo para as contas macroeconómicas do Estado; será bo para as grandes empresas que puideron reducir de xeito considerable os seus cadros de persoal grazas a unha reforma laboral que parece deseñada para elas; será bo para que os bancos poidan seguir pagando millonarias indeminizacións aos directivos que participaron activamente no afundimento pero non para que flúa o crédito; será bo, en fin, para alguén. Que o digan os que se beneficiaron do reformismo, así saberemos quen son.

Comentarios