Reflexiones de un poeta

Alvarellos, Villar Janeiro, Rábade Paredes, Paz e Lamas, antes da presentación na casa da cultura. (Foto: C.Pérez)
photo_camera Alvarellos, Villar Janeiro, Rábade Paredes, Paz e Lamas, antes da presentación na casa da cultura. (Foto: C.Pérez)

«Vivimos nuns tempos nos que un poeta non pode quedar calado». Con esta frase, tal e como lembrou Henrique Alvarellos, responsable de Alvarellos Editora, acudía alá polo mes de maio o escritor chairego Xesús Rábade Paredes á editorial para dar a coñecer o seu último traballo, ‘Sobre ruínas’, unha obra que onte se presentou «en primicia» na casa da cultura de Vilalba.

O autor deixou nas mans da súa dona, Helena Villar Janeiro -porque ela «le moi ben a miña poesía», dixo-, a introdución do poemario mentres que el agradeceu a todos a súa presenza e pechou o acto cun recitado de varios textos «entrañables» que parten, dixo, «desta realidade inmediata de Galicia». O poemario «toca todos os paus» dixo Alvarellos, que definiu a obra como «o cumio dunha obra extensa», lembrando que a primeira publicación de Rábade Paredes se remonta «a cando eu tiña un ano, e diso hai 44».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios