Recupera a súa cara en Vigo logo de ser desfigurado por un disparo

Lido en Faro de Vigo: ''Un equipo médico do hospital Povisa de Vigo logrou reconstruír o rostro do ourensán César Rodríguez, de 57 anos, desfigurado por un disparo de escopeta, tras unhas complexas operacións de microcirurxía. El di que pode comer, falar e que agarda volver traballar''.

Non hai rastro na capital galega do gañador de 13 millóns na primitiva

''Non sabemos nada. Ninguén veu por aquí e non creo que veña''. Quen fala así é Cristina Domínguez, a loteira da praza de Cervantes de Santiago, onde se selou un boleto premiado o xoves con case 13 millóns de euros. Nun principio pensouse que o afortunado gañador sería un home que cubría sempre a mesma combinación.

Investigan o Banco de Etcheverría pola súa relación con Ruiz Mateos

Segundo Europa Press, o xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz está investigando o coruñés Banco de Etcheverría polas ''actuacións sospeitosas'' realizadas pola entidade durante 2008 e 2011, dentro da causa que investiga á familia Ruiz Mateos pola presunta estafa aos investidores en pagarés de Nueva Rumasa.

Comentarios