Recuerdos del esplendor

Asistentes a unha festa (Foto: AMA)
photo_camera Asistentes a unha festa (Foto: AMA)

Grañas, no veciño Mañón, era antano «un centro comercial» para as nove parroquias colindantes do municipio, das que catro pertencen á provincia de Lugo, regadas polo río Sor -Muras, San Pantaleón, Ambosores e Cabanas-, e eran moitos os veciños vivarienses de Galdo ou Bravos os que iban vender a súa froita. Así o conta no seu libro ‘As Grañas do Sor. O esplendor dunha parroquia rural’, Jesús Pardo Novás, que repasa a evolución da zona desde 1940 a 1970.

O veciño, moi coñecido por ser taxista e por rexentar o ultramarinos Casa Pardo, conta que o seu libro é «reflexo da desaparición do rural e, con el, a esencia máis profunda de Galicia». A súa intención inicial non era facer un libro, senón que empezou cuns «borradores resumidos, para que non se perdera algo digno de recordar», e posteriormente o seu amigo, o profesor Bernardo Penabade, foi quen o animou e axudou a plasmar as súas anotacións nun exemplar que editou o centro social Gransor, un libro que «expresa fielmente o esplendor dunha época que, a pesar de moitas carencias e dificultades, era un rural cheo de vitalidade».

ANÉCDOTAS
Un raposo como foco de atracción

O repaso pola vida da parroquia tamén deixa lugar para anécdotas, como a que protagonizaba «o rexedor do Mesón Imperial de Viveiro, José dos Pelos, que montaba unha taberna e como atracción tiña atado un raposo, e a xuventude aprovietaba para que o popular fotógrafo Ariza lles fixera unha foto xunto a aquel animal inquieto». O mesmo José, engade, tiña nos 50 unha cafetera de gasolina.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios