miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

Recordando a Ana

Hoxe, día 19 de novembro, é unha data que non se esquece. Hai un ano a nosa Ana partía nunha viaxe sen regreso. Corren os días, os meses, notamos a súa presenza. Soubo darnos o mellor en vida. Alá polo mes de abril deste pésimo a súa nai, Felicitas, maiorciña e pachucha, tamén decidiu reunirse con Ana. Pero o máis conmovedor ante estas partidas foi cando un fatídico día do mes de agosto un anxo chamado Huguito tamén voou como unha estreliña fugaz para reunirse cosas súas avoas. Seguro que estará acurrucado no medio das dúas cheo de felicidade, onde non hai sufrimentos, nin problemas. Iso é o que consola a súa familia. Todos os botamos de menos.

Ante estas circunstancias, moito ánimo á súa familia para seguir vivindo co recordo deles no noso corazón, onde nunca os deixaremos no olvido. Descansen en paz.

A túa amiga, que un día foi como a túa irmá pequena.

C.G.F.

Recordando a Ana
Comentarios