Recollen rexeitamento por reprender

A ALGÚNS relixiosos dálles por meterse en lameiros cando estaban mellor a enxoito, porque a parroquia téñena asegurada, e querendo reprender a quen non pensa coma eles atopan rexeitamento maior. Veu dicir o bispo de Alcalá que unha corrente ideolóxica que se foi introducindo no ensino fomenta a homosexualidade, como se anos atrás non houbera gais en todas as partes do mundo, mesmo nos seminarios. Ou ao mellor referíase á profesora dunha universidade privada que lles dixo aos alumnos que as mulleres non deben separarse aínda que sexan maltratadas porque iso é amor, e que tampouco é tolerable abortar aínda que sexa froito dunha violación porque nace algo bo, un fillo; aínda que non se referiu a que a nai cada vez que o vexa poida recordar o terrible de ser forzada. Cando a docente defendeu isto ningún representante da Igrexa o rexeitou. Ao mellor estaban de acordo.

Comentarios