Raposo pide reforzos para o centro médico

O alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo, pide medidas ao Sergas para evitar que o centro médico da localidade se quede sen asistencia en casos de emerxencia. Unha destas situacións produciuse onte, cando o centro quedou sen persoal durante dúas horas ao longo da mañá, en horario de consulta e sen posibilidade de atención de urxencias.

O centro médico de Pedrafita conta só cun médico e un ATS, desde que hai uns meses se xubilou outro facultativo que prestaba servizo na localidade e non foi substituído. Os dous profesionais tiveron que acompañar ata o hospital de Lugo a unha persoa que sufriu unha hemorraxia, polo que o centro quedou desatendido durante as dúas horas que tardaron en ir e volver.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios