Ramiro, un gaiteiro en París

Ramiro Rodríguez Romero. (Foto: EP)
photo_camera Ramiro Rodríguez Romero. (Foto: EP)

Hai máis de 80 anos, nacía na parroquia friolense de Arxeriz un gaiteiro de espírito. Ramiro Rodríguez Romero comezou a interesarse xa de pequeno por este instrumento. Din que lle naceron os dentes ao son das músicas da Casa dos Fro de Anxeriz, xa que un veciño gaiteiro, Manuel, acudía todas as noites á casa de Ramiro, onde de cando en vez tocaba unha peza ao carón da lareira. E con el tamén acudiu as súas primeiras festas tocando o tambor, a lugares coma o San Alberte ou A Pastoriza.

Ramiro, xa de moi neno tocara gaitiñas de pan, feitas co canoto deste, ata que aos dez anos deseñou o seu propio punteiro a partir dunha cana dun foguete das festas, un tipo de instrumento que mantería vivo aínda moitos anos despois. Aos 14, fíxose cunha gaita dun veciño por 200 pesetas, que arranxou coa axuda da súa familia.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios