La RAG reúne el saber toponímico de Nicandro Ares en 1.400 páginas

Ramón Lorenzo intervén na RAG en presenza de Xesús Alonso Montero e Antón Santamarina. (Foto: El Correo Gallego)
photo_camera Ramón Lorenzo intervén na RAG en presenza de Xesús Alonso Montero e Antón Santamarina. (Foto: El Correo Gallego)

LUGO. A Real Academia Galega (RAG) presentou onte en Santiago ‘Estudos de toponimia galega’, do experto en linguas clásicas e sacerdote lucense Nicandro Ares. A obra, que supera as 1.400 páxinas reúne en dous volumes 178 artigos sobre a orixe de topónimos da provincia de Lugo escritos entre os anos 1964 e 2011.

A obra foi presentada onte na sede da Academia, na Coruña, da que o autor é membro. Ares desculpou a súa presenza. «Estou balbado», explicaba onte atendendo dende a casa na que naceu hai 87 anos e á que regresou «para pasar os últimos días». O amante dos nomes dos lugares remarca que el naceu en «Santa Eulalia de Bóveda de Mera de Lugo, porque hai varias Santa Eulalia de Bóveda».

Nese lugar comezou unha atracción, aínda que o expertos confésase incapaz de lembrar o primeiros que lle provocaron curiosidade porque, en 1964, «estaba máis mozo do que estou agora».

O estudoso manifestouse encantado co índice. «Son 36 páxinas a tres columnas, con letra pequena», comenta en referencia ao traballo do fonsagradino Antón Santamarina, quen se ocupou de recoller os artigos, transcribilos e editalos.

Calcula que os nomes estudados corresponden a uns trinta concellos, «sobre todo, da metade da provincia para abaixo». Non se debe a que Nicandro Ares teña teima algunha contraria ao norte lucense, senón a que «son os que se corresponden coa diócese de Lugo, polo que tamén aparecen de Melide e de Santiso».

A súa xeira desenvolveuse animado por velos publicados en El Progreso, «que é fonte principal», e, nos últimos anos, na revista Lucensia. O editor desa publicación é a Biblioteca do Seminario, que foi onde estudou o material incluído grazas a unha bibliografía «que ocupa dez páxinas» na publicación.

normativizado. Durante décadas tirou os topónimos do Instituto Nacional de Estatística. A falta de normativización complicaba unha volta máis o seu labor interpretativo. A publicación no Diario Oficial de Galicia facilitou cumpridamente o seu traballo, pero non evitou que se lle atragoasen algúns como Bodecedo, en Outeiro de Rei. Consultou e consultou ás autoridades na materia ata que un día, desesperado, telefonou ao lugar: «Non é Bodecedo, é Bordecedo». Logo caeu na conta de que «era unha deformación de Verdecedo, que vén de verdugo; da planta, eh?»

Ares apunta a diferenza entre a procedencia da toponimia lucense, «case que toda latina», e a toponimia coruñesa, «case que toda prerromana», que xustifica en que «Lugo era o centro».

O experto en toponimia fala de memoria, porque a vista se lle está apagando e ten que conformarse con acariñar a obra, que lle presentaron onte o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o coordenador do Seminario de Onomástica, Ramón Lorenzo, e Antón Santamarina.

Collendo a peso os dous volumes de 1.400 páxinas escritas en medio século de fedellar, exclamou: «Estou sorpendido do animal que fun!».

Nicandro Ares Estudoso da toponimia

Os estudos de toponimia que se recollen son, sobre todo, da metade da provincia para abaixo»

Un dos que me custou máis foi Bodecedo, que era Bordecedo, unha deformación de Verdecedo, que vén de ‘verdugo’»

Comentarios