Quiroga puxo un pé na Nasa

Unha escena de 'Funes. O inventor da Lúa'. CONTROL Z
photo_camera Unha escena de 'Funes. O inventor da Lúa'. CONTROL Z

A mesma lúa brilla en Quiroga, Texas, Cabo Cañaveral e Rodeiro. Eugenio Funes nunca deixou de contemplala. As primeiras lúas que viu foron as que asomaban sobre os cumios de Fisteus, o lugar de Quiroga onde naceu en 1928 e onde hai sete anos aínda vivían 87 persoas.

O neno probablemente miraría aquel medallón brillante no alto do ceo e soñaría con visitalo. Ninguén o lograra e ninguén o lograría ata a madrugada terráquea do 21 de xullo de 1969, cando a Apolo XI aterrou no Mar da Tranquilidade. Neil Armstrong deu aquela noite "un pequeno paso para o home e un gran paso para a humanidade".

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios