''Queremos carne y no madera''

Entrada a Monforte
Entrada a Monforte (Ilustración: VINICIUS)

«Queremos carne y no madera», es el texto de unas octavillas, sin firma, que han aparecido en diversos lugares de la provincia de Lugo, afectada estos últimos días por los incendios forestales. Esto hace pensar a los habitantes de la zona en la intencionalidad de los siniestros. Otras octavillas, aparecidas también en diversos lugares de la provincia, afirman que los montes seguirán ardiendo. En el municipio de Foz, donde se quemaron los montes de Cangas, los vecinos señalan la intencionalidad de los incendios pues dieron comienzo a la una de la madrugada, hora que juzgan intempestiva para el comienzo de un incendio forestal.

Dos xornais / 1970

Non hai moitos anos que a nomeada, Chousa de Ramos, formaba parte dun dos máis prezados aderezos da nosa vila de Taboada. Esténdese dende a igrexa parroquial de San Tomé do Carballo ata a Puricela e Peizás. A estrada de Lugo-Ourense, de Norte a Sur divide a mesma en dúas partes, Chousa d’Arriba e Chousa d’Abaixo. A primeira está orientada cara ao poñente, con bastante menos extensión ca outra. Era coma un auténtico agasallo de Deus, ateigada de castiñeiros centenarios e tamén moitos carballos. Un dos aderezos que máis chamaba a atención era unha laga na parte central, onde lavaban a roupa moitas mulleres da parroquia de San Tomé do Carballo. Nunca entendín ben a razón pola que arrancaron uns castiñeiros tan emblemáticos.

Sócrates Rigueira Ramos / Taboada

Con los primeros días de julio volví a Galicia, a mi pueblo natal de Escairón. Es mi pueblo un lugar alto y venteado. Allí tenían casa mis padres y en los aledaños del caserío había una hermosa carballeira, A Devesa, sobre cuyo césped podría reposar a la fresca sombra de los robles centenarios. Muchas horas de mi mocedad las pasé a la amorosa compaña de aquellos árboles que forman una alameda natural que, acaso no tenga par en Galicia.

Luis Moure Mariño / Escairón / O Saviñao

En los contratos de arrendamiento de aparceros, siempre se incluía una cláusula en la que se prohibía al arrendatario cortar leña de árboles, por ser un bien escaso y muy apreciado. En las fincas que los propietarios aforaban, como renta, además de los productos de la tierra o del ganado, como centeno, cabritos, tocinos, anguilas curadas etc., se incluían siempre, uno o varios carros de leña.

Manuel Romay / Ombreiro / Lugo

Non se me esquecen os figos, en absoluto, e iso que lles debo unha caída encima dunha colmea; daquela as abellas, enfadadas comigo cando debían anoxarse coa figueira quebradiza, puxéronme a cara feita un globo, un cabezudo, precisamente o día da festa do Santo, para máis Inri!

Xosé María Gómez Vilabella / Castroverde

Nun meandro do río, atópase O Avó, o sonado eucalipto que se ergue ata os 67 metros de altura. Na súa sombra houbo unha grande mesa de pedra e cemento arredor da que Barro reunía todos os seus intereses: representantes de empresas internacionais, maxistrados e demais, aínda que non faltaron a esas xiras persoas de peso intelectual, como Noriega Varela. Tamén teño escoitado que Franco sentou nesa mesa nalgunha oportunidade.

Carlos Nuevo / Amador López Albo / Viveiro

No Caurel atópase un dos boscos meirandes de Galicia, preto de Parada, terra do poeta Uxío Novoneyra. É a devesa de Rogueira, unha selva mesta de trinta quilómetros cadrados, abondosa en castiros, fallas, carballos, toda clase de vexetación e augas minerais. No Caurel, hai anos, non era difícil atoparse con rebecos e porcos bravos que se criaban no monte.

Ánxel Fole / Seoane do Caurel

Eu son dun barrio de Lugo. Cando era neno, que hai disto unha chea de anos, ser do barrio era ser da aldea. A miña nai dicía ir a Lugo como se fose a cidade, o lugar de asfalto. A miña infancia paseina xogando polas carballeiras de Fingoi e nas ribeiras do río. Entón, o carballo tiña para min de fermoso, que neles xogaba a facer de Tarzán e brincaba nas carballeiras que había. Moitas xa desapareceron comidas polo cemento e as urbanizacións. A xente do meu barrio tiña detrás da súa casa unha pequena corte onde criaban un porquiño que se mataba. Eu teño ido ás carballeiras de neno recoller landras para manter o porco. Quérolle ben ao carballo porque é a árbore da miña infancia.

Paco Martín / Lugo

Ellos entraron en mi finca y estaban cortando árboles, pero su intención verdadera era que yo me enfrentara a ellos y, entonces, matarme.

Marcelino Ares Rielo O Garabelo / Gomesende / Pol

Había o costume de que cando Carmiña facía unhas deliciosas canas ou alguna outra cousa rica nos mandase a proba. Nosoutros na finca da Brava tiñamos unha gran selección de mazás e ían para casa de Carmiña e de alí para Vigo. Cando se lle ían terminando dicíame Pepe, «de parte de Álvaro (Cunqueiro) que se lle están acabando as mazás» e entón preparáballe unha caixa de mazás moi escollidas, ás que ás veces ata lles sacaba brillo para que fosen máis guapas. Hoxe só quedan tres maceiras daquela época, pero si lembro perfectamente as que seleccionaba para el, polo menos sete clases diferentes; pero as que para min eran as raíñas da caixa eran as chamadas Pero Mingan (repinaldos) e Verde Helada, que por fóra era verde coma os campos agora na primavera e por dentro branco como o mármore, de sabor agridoce. Gustábanlle as mazás para comelas polo seu recendo.

Alicia Tella-Villamarín Ferreiro / Mondoñedo

En las montañas de Incio, que cuando había helada y niebla solía decir: «Vai un frío casamenteiro». El árbol más alto que vi en Galicia fue un chopo, el cual estaba en el fondo de una cañada y creció mucho por fototropia. Precisamente allá en O Incio. Se le derribó y medía más de los treinta metros desde el pie a la punta. Asómbrese de lo que son los recuerdos.

Ánxel Fole / O Incio

Un día recibiuse de Madrid a orde de que había que facer a Fiesta del Árbol. Era unha medida que respondía á corrente de rexeneracionismo. Recibíranse instruccións detalladas de coma había que facer a festa, mesmo un himno con letra de Sinesio Delgado, entón coma o poeta oficial, que habían cantar os rapaces na ocasión. Meu pai encargou ao director da banda da vila, don Xoán Latorre, que o ensaiara aos rapaces da súa escola cos que organizou un coro. O concello atopou un lugar no areal da Misericordia, preto da Furada dos Asnos, para nel facer a plantación das árbores.

Luis Tobío / Viveiro

No pazo de Cachán inspirouse Cunqueiro para ambientar a pousada de don Merlín na súa primeira novela, ‘Merlín e familia’. Conta o personaxe-narrador desta novela, Felipe de Amancia: «Sempre me lembrarei da cerca da eira, de loureiro román, tan paxareiro, na que tantas niñadas velei, e da figueira ramona, tan viciosa, ao pé da casa, onde ao palleiro grande. Miranda era a pousada de don Merlín». Hoxe pódese visitar a figueira ramona no paseo fluvial de Riotorto, no lugar do Mazo, plantada alí na homenaxe que o pobo de Riotorto lle tributou a Álvaro Cunqueiro o 9 de abril de 2011.

Álvaro Cunqueiro / Pedro Castañal/ Arrincadeira / Riotorto

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22,00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios