Calentando motores para la Festa da Filloa

Participantes na escola de filloeiras que se celebrou no recinto feiral Manuel Vila, en Muimenta (Foto: M. Mancebo)
photo_camera Participantes na escola de filloeiras que se celebrou no recinto feiral Manuel Vila, en Muimenta (Foto: M. Mancebo)

Dúas semanas. Tan só 15 días son os que restan para que Muimenta volva converterse no centro de tódalas miradas coa celebración da vixésimo terceira edición da Festa da Filloa, unha cita recoñecida coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia, e que está á espera de conseguir unha nova distinción a nivel nacional.

Para ir quentando motores antes da ansiada cita gastronómica que terá lugar o vindeiro 1 de maio, a asociación Aquilino Iglesia Alvariño, coa colaboración da comisión organizadora da Moexmu, convocou aos pequenos de Muimenta e dos arredores a acudir a unha nova edición da escola de filloeiras, unha iniciativa asentada no calendario que ten por obxecto acadar o relevo xeneracional nos fogóns.

«Con esta actividade, a nosa intención é a de fomentar e motivar a xente nova e os mozos do contorno a poñerse a facer filloas, ademais de darlle a máxima difusión posible a unha das citas máis emblemáticas de Muimenta», precisou José Barreira, presidente da asociación organizadora.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios