A tradicional romaría popular do San Alberte converteuse onte por primeira vez na Festa da Fala, un encontro ao redor da música e da cultura ideado por Xermolos e a comunidade de montes da parroquia guitiricense de Sambreixo de Parga, que nesta primeira edición dedicada a Xosé María Díaz Castro tivo como protagonista ao grupo A Quenlla e a estrea do seu disco ‘Desorballando outonos’, inspirado nos textos do poeta do Vilariño.
Entre as 15 pezas que onte soaron no marco incomparable da capela do San Alberte figuran un clásico nas voces de Mini e Mero, ‘Penélope’, e 14 temas máis que tratan de representar a obra poética completa de Díaz Castro, dende «o cerne ata que é un autor completamente feito».
Só ‘Coma brasas’ pertence a ‘Nimbos’, mentres o resto dos textos, segundo explica Mero, son «aqueles que nos pareceron máis idóneos» para darlle forma a un disco «diverso» que