Francisco Xabier Almuíña: ''Quedei cego, pero non inútil porque teño moita ilusión''

Francisco Javier toca a zanfona na Casa do Romualdo (Foto: Toño Parga)
photo_camera Francisco Javier toca a zanfona na Casa do Romualdo (Foto: Toño Parga)

É un dos taboadeses máis coñecidos pola súa casa de turismo rural, pero sobre todo polo seu bo trato. Hai un tempo perdeu a vista pero non a ilusión de continuar adiante. Conta que explora dende entón un gran abano de novas posibilidades mentres segue co segue negocio.

A historia de Francisco Xabier Almuíña Chorén, nacido en 1960 en Santiago pero con raíces no lugar de Vilela, en Taboada, é unha desas historias para poñer como exemplo de superación e sobre todo para a xente que nace ou sufre unha importante lesión tanto física como psíquica. Por suposto que ademais é un exemplo para ter en conta ante calquera imprevisto ou simplemente para darlle unha volta aos modelos de vida que poden levar á desesperación, parálise ou ao inmovilismo.

Dende neno padeceu importantes lesións nos ollos, que o levaron a pasar varias veces polo quirófano. En 1995, traballando como enfermeiro nunha unidade de psiquiatría, un doente deulle un golpe no ollo esquerdo e perdeuno definitivamente. Dende aquela xiroulle a vida e ao non poder traballar na súa profesión, decidiu regresar a Taboada para rehabilitar a casa da familia e adicala a turismo rural. É a Casa do Romualdo. Por se fora pouco, en febreiro sufriu unha severa infección no outro ollo que ao final llo tiveron que extraer e porlle unha prótese.

Como empezou a súa peculiar historia?

Eu nacín en Santiago, porque alí foron a traballar meus pais. Desprazaron a miña nai, que traballaba de comadrona, a Vigo, e como meu pai facía a ruta do Castromil entre Santiago e Vigo, fumos todos para alí tendo 15 anos e ata os 25. Eu me fixen enfermeiro e casei con Asunción Casas, que é educadora social e quen leva agora a nosa casa de turismo rural. Tivemos alí dúas nenas. No ano 1995, traballando no hospital Meixoeiro, na unidade de psiquiatría, un enfermo deume un puñetazo sen querer no ollo esquerdo, que era precisamente polo que mellor visión tiña, porque facía 20 días que me incorporara ao traballo despois dun trasplante, pero a vida seguiu. Foi dramático, tanto para min como sobre todo para a familia, pero a vida non se detivo e o afrontamos. Entón tamén estaba como coordinador de Intermón. Foi una mágoa pero ahí quedou.

EN CURTO
«Sigo facendode guía polas rutas da zona cos visitantes»

Cal é agora o seur labor na Casa Romualdo?

É o meu fogar no que vivo coa miña familia. É moito, pero sigo ao tanto da casa, en menor medida, que xestionan a miña muller e a filla maior. Tamén teño moitas afeccións, como tocar a guitarra, que xa o facía de neno. Dende outono de 2012, tamén a zanfona.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios